Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger
Mostrando entradas con la etiqueta 03.-Artrose e Terceira edade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 03.-Artrose e Terceira edade. Mostrar todas las entradas

13/1/09

Relación da artrose ca terceira edade


Xeralmente considérase á artrose coma unha enfermedade típica da terceira edade, procedamos a resumir os motivos que favorecen a aparición da artrose co envellecemento normal.


  1. Coa edade e o envellecemento dimunúe a concentración e a viscosidade do líquido que lubrifica as articulacions: o líquido sinovial. Se se perde ou altera este líquido diminúe a movilidade da articulación e favorécense os roces entre ósos producindo o cadro típico da artrose.

  2. Co envellecemento tamén se acurtan a cápsula e os ligamentos articulares co que as articulacións tórnanse menos distensibles (menos móviles).

  3. Non só hai cambios meramente orgánicos, psico-socialmente o envellecemento asóciase a unha menor práctica de exercicio físico. Tense demostrado que o exercicio físico regular aumenta a flexibilidade das articulacións e incrementa o seu rego sanguíneo.

  4. Tamén hai que considerar que coa edade vánse acumulando lesións repetidas que co paso do tempo dificultan a execución periódica das tareas diarias.

En resumo: o envellecemento normal (e inevitable) conduce a unha serie de cambios anatómico-psico-sociales que repercuten nunha menor movilidade articular, todas estas consideracións favorecen a aparición do cadro de desgaste articular típico da artrose.

Este desgaste non só inflúe minimizando a resposta ó desgaste senon que tamén "maxifica" a resposta ante estímulos físicos fortes fortuítos (unha caída) que como podemos imaxinar son máis frecuentes nun tipo de población :a terceira edade