Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger

9/1/09

¿Que é a artrose?


A artrose é unha patoloxía que cursa con destrucción do cartílago articular (o tecido que amortigua os extremos dos osos), esta situación provoca fendas e debilidade no mesmo reducindo a capacidade da articulación para amortigua-los choques e protexer os extremos dos ósos.

Se se perde cartílago en cantidade suficiente os ósos comezan a pórse en contacto e a rozarse mutuamente con cada movemento co que responden producindo máis matriz ósea (osteofitos) e aumentando o tamaño da articulación, esto á vez inflúe dificultando os movementos, se esta nova matriz ósea roza nos texidos brandos comeza o terceiro síntoma: a dor.
Fonte: Enfermería Geriátrica Kristen Mauk

7/1/09

O Comezo

Ola!!
Moitas grazas por entrar no Blog de Artrose e enfermería, só espero que o tempo que uses para ve-lo Blog sea Productivo, e se non o é polo menos que sexa divertido.

Este Blog xérase como segundo traballo práctico para a Asignatura Informática Sanitaria I da titulación de Diplomado en Enfermería.... pero quen sabe se no futuro poida ser usado máis alá deste uso.

De agora en diante adicareime a publicar entradas sobre un proceso patolóxico moi frecuente na terceira Edade: a Artrose, e tratarei de explicar o proceso que desempeña a Enfermería como profesión Sanitaria.

O Comezo está claro....... e como xa se sabe
o comezo é a metade do todo