Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger

6/2/09

Coidados post-cirúrxicos

Ola!!!!
Tras estes días de escribir entradas sobre as distintas operacións para correxi-la artrose hoxe vamos a falar dos coidados que proporciona enfermería trala cirurxía.

Primeiramente debemos ter coidado de non disloca-la articulación reemplazada, no caso da artroplastia de cadeira:
  1. Evitaremos que @ doente cruce as pernas.
  2. Indicarémoslle que manteña as pernas separadas uns 15 cms.
  3. Procuraremos que manteña os xeonllos por debaixo do nivel da cadeira
  4. Colocar unha almofada entre as pernas para procurar manter a articulación alineada cando @ doente estea acostado.

Ademáis debemos recordar os coidados de Enfermería xerais a calquer pacente cirúrxico:

  1. Administrar medicación vía subcutánea ou oral para a profilaxe tromboembólica
  2. Administrar medicación (múltiples vías) para o control da dor postoperatoria
  3. Asegurar o correcto balance hidro-electrolítico do paciente: control da inxesta (ou aporte intravenoso de líquidos) e control da saída (coidados da sonda urinaria, rexistro dos ouriños excretados).
  4. Promover a deambulación precoz d@ doente (recordando os puntos anteriores para evita-la luxación da cadeira).

Adaptado de Medline http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002975.htm

4/2/09

Artroplastia de cadeira

Ola!!!!!

Hoxe toca falar da artroplastia de cadeira como técnica cirúrxica para o tratamento da artrose.


Nos dous puntos anteriores (cirurxía tipo artroscopia e cirurxía de osteotomía) falei a nivel xeral (sen precisar a articulación). Debido as variacións na técnica da artroplastia dividina segundo as articulacións.


A articulación da cadeira confórmana a cavidade articular do óso coxal (acetábulo) e a cabeza femoral



Imaxe da articulación coxo-femoral normal extraída de reshealth.org http://www.reshealth.org/sub_esp/yourhealth/healthinfo/default.cfm?pageid=P05859


Na cirurxía de artroplastia de cadeira extráense os compoñentes óseos danados (artrósicos) reemplazados por elementos artificiales:



  1. Unha copa que reemplaza a cavidade acetabular da cadeira.
  2. Unha esfera que reemplaza a cabeza femoral danada.
  3. Un talo metálico que se adhire ó corpo do fémur ou vástago.

Nas operacións de Hemiartroplastia só se substitúe a cabeza femoral.

A operación necesita de anestesia xeral ou ben un bloqueo raquídeo, o cirurxián retira a cabeza femoral e ,se se precisa, limpiase o acetábulo retirando todos os compoñentes artósicos. Logo só queda substituír as pezas eliminadas polas próteses.

Imaxe obtida a través de Medline

Fonte: Medline http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002975.htm


3/2/09

A Osteotomía

Ola!!!
Hoxe toca falar da Osteotomía como técnica cirúrxica para o tratamento da artrose.
Literalmente, osteotomía (osteo=óso, -tomía= corte) é unha intervención cirúrxica na que o cirurxián realiza seccións do tecido óseo, de maneira que pode realizar cambios na forma do óso e na articulación, desa forma a carga e peso que pode soportar a articulación desvíase cara a zonas non artrósicas mellorando síntomas coma a dór, tamén pode mellorar o funcionamento articular e retrasa-lo dano artrósico da articulación.
A osteotomía soe ser útil en pacientes demasiado xóvenes para un remplazo total da articulación.

2/2/09

A artroscopia



Ola!!!!


Empezo unha nova entrada co primeiro dos procedementos cirúrxicos propostos: a artroscopia.





A artroscopia (artro= articulación -scopia=visualización) é un procedemento cirúrxico diagnóstico e/ou terapéutico. Consiste na inserción de instrumental óptico dentro da cavidade articular a través de pequenas incisións na pel do paciente, pódense facer tamén máis incisións para insertar máis instrumental.


Ó principio só posuía unha utilidade diagnóstica (observación directa da articulación); sen embargo na actualidade moitas patoloxías poden ser tratadas mediante procedementos artroscópicos.


Como xa comentamos para o tratamento da artrose realízanse lavados e desbridamentos do tecido artrósico e desgastado da articulación.


Os beneficios da artroscopia respecto das cirurxías abertas son numerosos:



  1. Como é unha visualización directa permite aumentar a precisión diagnóstica.

  2. As pequenas incisións permiten unha recuperación máis temperá debido a que é unha operación relativamente pouco invasiva.

  3. Ventaxas estéticas xa que as incisións son menores.

  4. Menor dór e máis pronta recuperación

  5. Menor estancia Hospitalaria

Imaxe extraída de wikipedia http://en.wikipedia.org/wiki/File:Lateral_meniscus_damaged_tibial_cartilage.jpg

Información adaptada de:

http://orthoinfo.aaos.org/topic.cfm?topic=A00499- A través de Medline

http://www.shoulderpainsolutions.com/espanol/tratamiento/artroscopica.asp

1/2/09

Tratamento cirúrxico da Artrose

Ola!!!
En anteriores entradas abordei o tema do tratamento non-cirúrxico da artrose...Insistín dabondo nas medidas hixiénico-dietéticas e de educación para o control da mesma e tamén falamos das medidas farmacolóxicas (paracetamol) como complemento (non como base) ó tratamento, intentei centralo na labor de enfermería (recuperar a independencia do individuo antes que "curar" a patoloxía.
Agora abordamos o tema da cirurxía: A cirurxía para o tratamento da artrose debe limitarse a pacientes cunha gran dór e/ou unha perda moi importante da súa funcionalidade e desempeño nas Actividades da vida Diaria (AVDs).
Comentaremos brevemente (ampliable en forma de novas entradas) tres tipos de cirurxías para a artrose:
  1. Artroscopia: É unha técnica mínimamente invasiva: realízase unha moi pequena incisión para introducir unha xeringa na cavidade articular e irriga-la mesma co fin de "arrastrar" as partículas de cartílago máis gastado (fase de lavado). Tamén se pode intoducir unha pequena pinza para extraer o tecido danado (fase de desbridamento). Este procedemento aínda presenta bastante controversia xa que só resulta útil para determinados pacientes.
  2. Osteotomía: Consiste en cortar ou tallar os fragmentos de óso da articulación desgastada co fin de que encaixen e mellorar así a movilidade articular, constitúe máis ben, unha ponte para retrasa-lo máis posible o reemplazo total da articulación (artroplastia).
  3. Artroplastia: Constitúe o reemplazo da articulación desgastada por unha prótese que a substitúe. Ten unha altísima porcentaxe de éxito (máis do 95%).

Información extraída do artigo do periódico EL MUNDO http://www.elmundo.es/elmundosalud/2006/03/21/dolor/1142959995.html