Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger

22/1/09

Diagnósticos e intervencións de Enfermería na artrose





Ola!!!!
A continuación describo os diagnósticos de Enfermería mais frecuentes no paciente con artrose, tamén inclúo as intervencións destinadas a solucionar o problema:





    1. Dór: especialmente de tipo crónico; é frecuente que veña expresado polo propio paciente, tamén se pode deducir se observamos que o paciente adopta posturas de protección (non carga peso nunha zona, dorme de forma distinta) ou pola súa expresión facial. Ante este diagnóstico consideramos que a dór pode alterar a capacidade do paciente para realizar as súas actividades da vida diaria (A.V.D.s). Enfermería debe intervir mellorando o confort do paciente (promovendo posturas que diminúan a dor, procurando un ambiente agradable), axudando no manexo da medicación ou simplemente derivalo a un servicio competente (unidades de dór crónico).



    2. Deterioro da movilidade física: manifestado por unha diminución da movilidade da articulación afectada, esto volve a incapacitar o paciente para o seu normal funcionamento. Enfermería debe promover a deambulación (a través de camiñatas)e loitar contra a inmovilidade articular. (usando só dispositivos especiais de axuda como cadeiras de rodas cando sexa necesario). Tamén é vital a colaboración con outros profesionais (fisioterapeutas).



    3. Risco de desequilibrio nutricional por exceso: Se consideramos que co deterioro da movilidade pode asociarse a unha diminución da movilidade estaremos reducindo a actividade física xeral; se non intervimos o paciente pode desenrrolar un sobrepeso ou unha obesidade que, como xa comentamos en entradas anteriores, non fai senón agrava-lo cadro da artrose. Debemos intervir manexando o peso e a nutrición do noso paciente procurando unha dieta acorde ás necesidades do mesmo e atendendo á súa movilidade.



    4. Manexo ineficaz do réxime terapéutico: Xa comentamos como as persoas maiores póden ter problemas á hora de manexa-la súa medicación por cuestión meramente fisiolóxicas (diminución da agudeza visual), psicolóxicas (reticencia á hora de modifica-los hábitos de vida) ou sociais (soedade e incapacidade de conseguir axuda). As accións que os enfermeiros poden (podemos) facer inclúen: Seguemento telefónico, establecemento de obxectivos comúns e ensinanza (tanto da súa doenza coma dos síntomas ou efectos secundarios da enfermedade).



    5. Déficit de autocoidado: Este diagnóstico abarca moitos niveis. O paciente que sófre de artrose pode ter problemas á hora do baño ou hixiene xeral, no seu vestido ou incluso á hora de ir ó W.C. Debemos brindar axuda á hora de realizar estas A.V.D.s pero a acción primordial centraráse na ensinanza de técnicas que permitan conseguir a independencia nestes apartados.



    Virginia Henderson definiu á función de Enfermería como a "axuda ó individuo sano e enfermo á realización daquelas actividades que contribúan á súa saúde, á recuperación da mesma ou a unha morte tranquila actividades que o individuo realizaría se tivese os coñecementos,forza ou vontade necesarios, de forma que lle axude a recupera-la súa independencia o antes posible".




    Como vemos a meta de Enfermería non é palia-lo problema a curto prazo senón axudar á persoa a se-lo máis independiente posible.




    Información adaptada de http://74.125.77.132/search?q=cache:MlIsCjusv2cJ:www.juntadeandalucia.es/salud/procesos/lanza.asp%3Fd%3D1%26f%3D177+dolor+por+artrosis+enfermeria&hl=es&ct=clnk&cd=3&gl=es




    Información sobre Virginia Henderson e a súa teoría da Enfermería en: http://www.terra.es/personal/duenas/teorias2.htm







    20/1/09

    Diferencias artrose-artrite

    Ola!!!
    Esta entrada publícase como resposta ó comentario que me deixou Diego G. nunha entrada anterior sobre as diferencias entre Artrite e artrose.

    1. A artrite é a inflamación dunha articulación, a artrose implica dexeneración da articulación.
    2. Outo motivo de confusión é que a artrose tamén é coñecida coma osteoartrite o cal pode resultar un pouco "liante".
    3. Ambalas dúas dan moi parecida sintomatoloxía: dor, limitación e rixidez na movilidade da articulación , sen embargo na artrose sempre hai dexeneración no cartílago.
    4. O máis claro para diferencialas é considerar á artrite coma un síntoma:
      Referencia subxectiva expresada polo enfermo dun cambio anómalo causado por unha enfermedade-Wikipedia.
    5. E considerar á artrose como unha enfermedade (un tipo de artrite no que existe dexeneración da articulación e non só inflamación) na que está sempre presente a inflamación articular.
    No MedLine podedes acceder a un tutorial interactivo en castelán moi útil e intuitivo deixo o hipervínculo aquí http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/tutorials/osteoarthritisspanish/htm/index.htm

    19/1/09

    Máis coidados de Enfermería para a artrose

    Ola! Navegando pola rede encontrei máis coidados de Enfermería para a artrose:

    - Protección das articulacións: Debemos educar ós enfermos para que eviten estar moito tempo de pé, que usen as articulacións non enfermas, que poñan aalmofada baixa se padecen de artrose cervical,..... é dicir........Educación para a Saúde.

    -Tratamento con Calor, axuda a mellorar a flexibilidade da articulación.

    -Exercicios musculares para evitar a atrofia muscular e mellorar o estado xeral da articulación.

    Poño un Hipervínculo dunha páxina que trae moita información sobre a artrose, Chámase lasalud.com http://www.lasalud.com/pacientes/artrosis.htm#1

    Visitádea!!!

    Epidemioloxía da artrose

    Tralos comentarios publicados sobre o comezo da artrose quero publicar unha entrada sobre a etioloxía da enfermedade.
    Quero resaltar que os comentarios publicados foron os que motivaron a publica-lo o que implica que eses comentarios serviron para mellorar este espacio, así que coma é de ben nacidos ser agradecidos : MOITAS GRAZAS Diego G. e Pili polos vosos comentarios.
    Datos sobre a Artrose:
    -En EE.UU padécena 20 millóns de persoas (Enfermería Xeriátrica de Kristen Mauk)
    -En España padécena un 16% da población maior de 20 anos (obtido da páxina de Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Artrosis).
    -Antes dos 45 anos é máis frecuente en homes pero a partir desta edade é máis frecuente en mulleres (Enfermería Xeriátrica de Kristen Mauk).
    O libro de Enfermería Xeriátrica de Mauk pertence á miña "biblioteca" tratarei de ver se esta dispoñible na biblioteca da escola para darvos a referncia e que o poidades consultar. A información obtida de Internet tratarei de Hipervinculala para un acceso máis rápido.