Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger

13/2/09

Carl Lewis tamén sófre Artrose

Ola!!!!

Trala entrada sobre Ötzi e os seus problemas reumáticos avanzamos uns 5300 anos no tempo para falar dun dos mellores atletas de tódolos tempos: Carl Lewis


Frederick Carlton "Carl" Lewis naceu o 1 de Xullo do 1961 en Birmingham (EE.UU.) , apodado "o fillo do vento" destacou en probas de velocidade (100 e 200 m) e en salto de Lonxitude. A súa carreira como atleta é impresionante:







  • Nos xogos Olímpicos de Los Angeles 1984 conseguiu 4 medallas de ouro: 100,200, 4x100m e salto de lonxitude

  • Nos xogos Olímpicos de Seúl 1988 congeguiu repetir as medallas de ouro en 100m e salto de lonxitude, nos 200m tivo que "conformarse" ca medalla de prata.

  • Nos xogos Olímpicos de Barcelona 1992 gañou sendos ouros en salto de lonxitude e 4x100m

  • Nos Xogos de Atlanta 1996 gañou a súa cuarta medalla de Ouro olímpica consecutiva no salto de Lonxitude.

A este inigualable palmarés hai que engadirlle os éxitos de Lewis nos mundiais de Atletismo:




  • Helsinki 1983: 3 ouros.100 e 4x100m e (como non) salto de lonxitude.

  • Roma 1987: 3 ouros.100 e 4x100m e (adiviñade) salto de lonxitude.

  • Tokio 1991:3 ouros.100 e 4x100m (sorpresa) e (non o ides crer) salto de lonxitude.

  • Stuttgart 1993 1 bronce en 200m.

O obxetivo desta entrada non é alabar a este atleta (que ben o merece) senón informar que nin o fillo do vento librouse da....... ARTROSE.

En efecto, Carl Lewis padece de artrose nas costas e nos xeonllos. A doenza foi diagnosticada no 1999 cando Lewis contaba con 37 anos (unha idade moi precoz para esta patoloxía).

Os motivos (etioloxía) que esgrimen os médicos para explica-lo desgaste articular do atleta son dúas:

  1. A propia vida de Lewis (practicou o deporte de elite durante uns 20 anos cos seus respectivos entrenos para acadar ese impresionante nivel). Sobrecarga articular.
  2. O uso de inxección intraarticulares de corticoides (popularmente coñecidas coma infiltracións, moi usadas no fútbol). Estas inxeccións úsanse nos casos de dór articular para que o deportista non a sinta e poida seguir competindo pero..... en ningún caso melloran a patoloxía articular; só son "parches" momentáneos que non substitúen ó tempo necesario para recuperarse da lesión.

En resumo: a combinación de sobreesforzo; Carl Lewis recoñece que "pasou a maior parte da súa vida ciscando ó aire un corpo de 80kg. ó aire e golpéandoo con forza ó caer á area" e as inxeccións para poder seguir competindo levaron a un prodixio da forma física a unha situación de limitación de movemento e dór ó camiñar.

Fotografía de Carl Lewis extraída de Wikipedia http://en.wikipedia.org/wiki/File:CarlLewis.jpg

Información de:





11/2/09

Curiosidades: Artrose e antropoloxía

Ola a todas/todos:


Tra-las últimas entradas sobre a cirurxía hoxe toca falar dunha curiosidade por suposto relacionada ca artrose:seguro que coñecede-la historia de Ötzi, senón intoduzovo-la:

Ötzi é unha momia humana natural producto da conxelación,data do 3300 a.d.C. (ten 5300 anos) e está considerada como a momia humana natural máis antiga coñecida, foi atopada no 1991 por dous turistas alemáns a uns 32oo m sobre o nivel do mar nos Alpes Italianos (no val do Ötz que lle dá o nome)




Ademáis de polo seu impresionante estado de conservación (máis ben debido ó mesmo) Ötzi foi e é moi famoso: posúe unhas 57 tatuaxes que son consideradas coma as máis antigas conservadas, son puntos e raias que non conforman ningún debuxo recoñecible algunhas especulacións afirman que era un mapa das estrelas que Ötzi, cazador, usaba para orientarse...... logo exporemos unha teoría moito mais interesante..... e próxima á temática do blog.


C.S.I. na idade do cobre: A Historia clínica de Ötzi


Polas análisis científicas feitas sobre Ötzi coñecemos que era un home duns 46 anos, medía uns 159 cms. e pesaba uns 50 Kg., padecía duns parásitos intestinais chamados Tricocéfalos(Trichuris trichuria), tamén padecía tachán tachán.......... principios de ARTROSE en varias articulacións (parte baixa da columna, detrás do xeonllo esquerdo e no nocello dereito) que coincidían con eses puntos tatuados...... o que nos leva á teoría de que esas tatuaxes eran usadas para alivia-la dor de modo similar á acupuntura chinesa.

Pero o que máis chamou á atención das e dos investigadores foi a causa da morte de Ötzi.... o análisis por Tomografía Computerizada revelou que Ötzi tiña unha cabeza de frecha aloxada no ombro esquerdo, preto do pulmón e mailo corazón..... o corpo do proxectil foi arrincado; Ötzi tamén tiña cortes e abrasións , incluso tiña un corte profundo nunha das súas mans...... mesmo parece que tratou de curalo cunha especie de musgo con propiedades anticoagulantes..... (tal vez ademáis de se-la momia natural humana máis antiga e posuir as tatuaxes máis antigas, Ötzi sexa o enfermeiro máis antigo). Esto unido ás análises de ADN practicadas sobre os obxetos de Ötzi ( había sangue doutros seres humanos no coitelo e mesmo de dúas persoas distintas nunha punta de frecha) fan pensar que Ötzi tivo unha morte violenta.

A Historia aínda é mais misteriosa cando se revela que Ötzi estivo castrado......a única unlla que se pudo recuperar de Ötzi mostra (a través das chamadas liñas de Beau) que estivo enfermo tres veces nos últimos seis meses da súa vida, o calzado de Ötzi revela que andaba moito.... algo inusual para un cazador na idade de cobre..... tal vez fose pastor en vez de cazador, polo visto tiña unha hacha cunha porcentaxe altísima de cobre..... polo que se especulou que traballaba na fundición de cobre.... había sangue doutra persoa na capa..... creese que cargou cun camarada ferido.......

As especulacións sobre Ötzi seguen abertas...... pero xa sabemos que fai más de 5000 anos a artrite e a artrose xa preocupaban ós seres humanos.....