O obxectivo desta entrada non é explicar un tratamento médico-cirúrxico ou farmacolóxico extricto xa que esto sería tarefa destes profesionais sanitarios. Como estudante de Enfermería centrareime no tratamento que máis atañe á Enfermería:
Os fármacos actuais céntranse nos antiinflamatorios e analxéxicos sendo o paracetamol o máis recetado. Como Enfermeros debemos coñecer e educar ó paciente sobre os seus efectos adversos: posibilidade de lesión gástrica, toxicidade hepática. Tamén é básico asegurarnos de que o paciente non confunde a dose, xa sabemos que existe unha asociación entre artrose e terceira edade e non é pouco frecuente que os pacientes xeriátricos teñan problemas para ler ou entender a dose de medicamento que deben tomar.
Dado que as articulacións que máis sofren son as que soportan máis peso non debemos esquecer que a perda de peso pode constituír un bó mecanismo de alivio da artrose. O profesional de Enfermería deberá recomendar a perda ou vixianza do peso en colaboración con outros profesionais da saúde: médicos, dietistas, etc....
Tamén hai que considerar o uso de técnicas non farmacolóxicas para o manexo da dor e da hinchazón, moitos anciáns están máis proclives a aplicar unha simple bolsa de xeo que a cambia-los seus hábitos de vida (poñer gafas ou pedir axuda para ler as etiquetas dos fármacos, cambia-la dieta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario