Trala entrada sobre Ötzi e os seus problemas reumáticos avanzamos uns 5300 anos no tempo para falar dun dos mellores atletas de tódolos tempos: Carl Lewis
Frederick Carlton "Carl" Lewis naceu o 1 de Xullo do 1961 en Birmingham (EE.UU.) , apodado "o fillo do vento" destacou en probas de velocidade (100 e 200 m) e en salto de Lonxitude. A súa carreira como atleta é impresionante:
- Nos xogos Olímpicos de Los Angeles 1984 conseguiu 4 medallas de ouro: 100,200, 4x100m e salto de lonxitude
- Nos xogos Olímpicos de Seúl 1988 congeguiu repetir as medallas de ouro en 100m e salto de lonxitude, nos 200m tivo que "conformarse" ca medalla de prata.
- Nos xogos Olímpicos de Barcelona 1992 gañou sendos ouros en salto de lonxitude e 4x100m
- Nos Xogos de Atlanta 1996 gañou a súa cuarta medalla de Ouro olímpica consecutiva no salto de Lonxitude.
A este inigualable palmarés hai que engadirlle os éxitos de Lewis nos mundiais de Atletismo:
- Helsinki 1983: 3 ouros.100 e 4x100m e (como non) salto de lonxitude.
- Roma 1987: 3 ouros.100 e 4x100m e (adiviñade) salto de lonxitude.
- Tokio 1991:3 ouros.100 e 4x100m (sorpresa) e (non o ides crer) salto de lonxitude.
- Stuttgart 1993 1 bronce en 200m.
O obxetivo desta entrada non é alabar a este atleta (que ben o merece) senón informar que nin o fillo do vento librouse da....... ARTROSE.
En efecto, Carl Lewis padece de artrose nas costas e nos xeonllos. A doenza foi diagnosticada no 1999 cando Lewis contaba con 37 anos (unha idade moi precoz para esta patoloxía).
Os motivos (etioloxía) que esgrimen os médicos para explica-lo desgaste articular do atleta son dúas:
- A propia vida de Lewis (practicou o deporte de elite durante uns 20 anos cos seus respectivos entrenos para acadar ese impresionante nivel). Sobrecarga articular.
- O uso de inxección intraarticulares de corticoides (popularmente coñecidas coma infiltracións, moi usadas no fútbol). Estas inxeccións úsanse nos casos de dór articular para que o deportista non a sinta e poida seguir competindo pero..... en ningún caso melloran a patoloxía articular; só son "parches" momentáneos que non substitúen ó tempo necesario para recuperarse da lesión.
En resumo: a combinación de sobreesforzo; Carl Lewis recoñece que "pasou a maior parte da súa vida ciscando ó aire un corpo de 80kg. ó aire e golpéandoo con forza ó caer á area" e as inxeccións para poder seguir competindo levaron a un prodixio da forma física a unha situación de limitación de movemento e dór ó camiñar.
Fotografía de Carl Lewis extraída de Wikipedia http://en.wikipedia.org/wiki/File:CarlLewis.jpg
Información de:
- Wikipedia http://es.wikipedia.org/wiki/Carl_Lewis
- Artigo do periódico El Mundo: http://www.elmundo.es/salud/1999/348/02730.html
viejo el blog esta mas que interesante.. voy a pasar mas seguido.. un abrazo desde Corrientes Argentina
ResponderEliminar