Benvidos a artrose e enfermería espero que vos sexa útil a información que os encontredes; as preguntas son máis que benvidas

Powered By Blogger

22/1/09

Diagnósticos e intervencións de Enfermería na artrose





Ola!!!!
A continuación describo os diagnósticos de Enfermería mais frecuentes no paciente con artrose, tamén inclúo as intervencións destinadas a solucionar o problema:





    1. Dór: especialmente de tipo crónico; é frecuente que veña expresado polo propio paciente, tamén se pode deducir se observamos que o paciente adopta posturas de protección (non carga peso nunha zona, dorme de forma distinta) ou pola súa expresión facial. Ante este diagnóstico consideramos que a dór pode alterar a capacidade do paciente para realizar as súas actividades da vida diaria (A.V.D.s). Enfermería debe intervir mellorando o confort do paciente (promovendo posturas que diminúan a dor, procurando un ambiente agradable), axudando no manexo da medicación ou simplemente derivalo a un servicio competente (unidades de dór crónico).



    2. Deterioro da movilidade física: manifestado por unha diminución da movilidade da articulación afectada, esto volve a incapacitar o paciente para o seu normal funcionamento. Enfermería debe promover a deambulación (a través de camiñatas)e loitar contra a inmovilidade articular. (usando só dispositivos especiais de axuda como cadeiras de rodas cando sexa necesario). Tamén é vital a colaboración con outros profesionais (fisioterapeutas).



    3. Risco de desequilibrio nutricional por exceso: Se consideramos que co deterioro da movilidade pode asociarse a unha diminución da movilidade estaremos reducindo a actividade física xeral; se non intervimos o paciente pode desenrrolar un sobrepeso ou unha obesidade que, como xa comentamos en entradas anteriores, non fai senón agrava-lo cadro da artrose. Debemos intervir manexando o peso e a nutrición do noso paciente procurando unha dieta acorde ás necesidades do mesmo e atendendo á súa movilidade.



    4. Manexo ineficaz do réxime terapéutico: Xa comentamos como as persoas maiores póden ter problemas á hora de manexa-la súa medicación por cuestión meramente fisiolóxicas (diminución da agudeza visual), psicolóxicas (reticencia á hora de modifica-los hábitos de vida) ou sociais (soedade e incapacidade de conseguir axuda). As accións que os enfermeiros poden (podemos) facer inclúen: Seguemento telefónico, establecemento de obxectivos comúns e ensinanza (tanto da súa doenza coma dos síntomas ou efectos secundarios da enfermedade).



    5. Déficit de autocoidado: Este diagnóstico abarca moitos niveis. O paciente que sófre de artrose pode ter problemas á hora do baño ou hixiene xeral, no seu vestido ou incluso á hora de ir ó W.C. Debemos brindar axuda á hora de realizar estas A.V.D.s pero a acción primordial centraráse na ensinanza de técnicas que permitan conseguir a independencia nestes apartados.



    Virginia Henderson definiu á función de Enfermería como a "axuda ó individuo sano e enfermo á realización daquelas actividades que contribúan á súa saúde, á recuperación da mesma ou a unha morte tranquila actividades que o individuo realizaría se tivese os coñecementos,forza ou vontade necesarios, de forma que lle axude a recupera-la súa independencia o antes posible".




    Como vemos a meta de Enfermería non é palia-lo problema a curto prazo senón axudar á persoa a se-lo máis independiente posible.




    Información adaptada de http://74.125.77.132/search?q=cache:MlIsCjusv2cJ:www.juntadeandalucia.es/salud/procesos/lanza.asp%3Fd%3D1%26f%3D177+dolor+por+artrosis+enfermeria&hl=es&ct=clnk&cd=3&gl=es




    Información sobre Virginia Henderson e a súa teoría da Enfermería en: http://www.terra.es/personal/duenas/teorias2.htm







    2 comentarios:

    1. HOLA!! ME PREGUNTABA SI CREES ABSOLUTAMENTE NECESARIA LA ADMINISTRACIÓN DE FÁRMACOS PARA EL CONTROL Y LA EVOLUCIÓN POSITIVA DE LA ARTROSIS. GRACIAS

      ResponderEliminar
    2. Perdón por el retraso, estabamos con exámenes Prometo hacer una entrada sobre esto próximamente

      ResponderEliminar