Ola!!!
Sinto pasar tanto tempo sen actualizar pero estamos en época de exames e xa se sabe...... (inda que xa se sabe... excusatio non petita.....)
Esta entrada xorde como reposta o comentario de Diego G. do día 22/01/2009:
HOLA!! ME PREGUNTABA SI CREES ABSOLUTAMENTE NECESARIA LA ADMINISTRACIÓN DE FÁRMACOS PARA EL CONTROL Y LA EVOLUCIÓN POSITIVA DE LA ARTROSIS. GRACIAS.
1º A farmacoterapia úsase sobre todo para trata-la sintomatoloxía da artrose: dór e hinchazón, personalmente creo que o uso destes fármacos son moi útiles para as situacións angustiantes de dor crónica e polo tanto son necesarios; sen embargo todo fármaco ten unha vida media, polo tanto requiren dunha administración continuada, considero máis necesario (dende ,por suposto, o meu punto de vista enfermeiro) medidas hixiénico-dietéticas que supoñan cambios importantes nos hábitos de vida: por exemplo a dór nun xeonllo ( rodilla) ou un nocello (tobillo) poden remitir con paracetamol, pero conseguindo que un doente de artrose baixe de peso a través de consellos e directrices do enfermeiro consegue que a articulación cargue menos peso co que se reduce a dór, tamén se se favorece a movilidade (promovendo o exercicio) se pode dete-lo avance da dexenaración articular típica da artrose.
O exercicio físico tamén posúe outras ventaxas:

- É sumamente eficaz á hora de paliar estados depresivos (non infrecuentes en anciáns).
- Baixa os niveis de colesterol no sangue.
- Libera endorfinas (morfinas endóxenas) que provocan sensacións de placer.
- É un factor de lonxevidade comprobado
- Facilita o sono.
Todos coñecemos fármacos ou sustancias que poden inducir esas ventaxas.... pero case sería necesario un coktail farmacolóxico para iguala-los beneficios de, simplemente, facer exercicio
Ademáis para facer exercicio non fai falta receita. Espero que vos sexa útil esta entrada.
Info sobre o exercicio físico e os seus beneficios: http://es.wikipedia.org/wiki/Ejercicio
No hay comentarios:
Publicar un comentario