Tras estes días de escribir entradas sobre as distintas operacións para correxi-la artrose hoxe vamos a falar dos coidados que proporciona enfermería trala cirurxía.
Primeiramente debemos ter coidado de non disloca-la articulación reemplazada, no caso da artroplastia de cadeira:
- Evitaremos que @ doente cruce as pernas.
- Indicarémoslle que manteña as pernas separadas uns 15 cms.
- Procuraremos que manteña os xeonllos por debaixo do nivel da cadeira
- Colocar unha almofada entre as pernas para procurar manter a articulación alineada cando @ doente estea acostado.
Ademáis debemos recordar os coidados de Enfermería xerais a calquer pacente cirúrxico:
- Administrar medicación vía subcutánea ou oral para a profilaxe tromboembólica
- Administrar medicación (múltiples vías) para o control da dor postoperatoria
- Asegurar o correcto balance hidro-electrolítico do paciente: control da inxesta (ou aporte intravenoso de líquidos) e control da saída (coidados da sonda urinaria, rexistro dos ouriños excretados).
- Promover a deambulación precoz d@ doente (recordando os puntos anteriores para evita-la luxación da cadeira).
Adaptado de Medline http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002975.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario