En anteriores entradas abordei o tema do tratamento non-cirúrxico da artrose...Insistín dabondo nas medidas hixiénico-dietéticas e de educación para o control da mesma e tamén falamos das medidas farmacolóxicas (paracetamol) como complemento (non como base) ó tratamento, intentei centralo na labor de enfermería (recuperar a independencia do individuo antes que "curar" a patoloxía.
Agora abordamos o tema da cirurxía: A cirurxía para o tratamento da artrose debe limitarse a pacientes cunha gran dór e/ou unha perda moi importante da súa funcionalidade e desempeño nas Actividades da vida Diaria (AVDs).
Comentaremos brevemente (ampliable en forma de novas entradas) tres tipos de cirurxías para a artrose:
- Artroscopia: É unha técnica mínimamente invasiva: realízase unha moi pequena incisión para introducir unha xeringa na cavidade articular e irriga-la mesma co fin de "arrastrar" as partículas de cartílago máis gastado (fase de lavado). Tamén se pode intoducir unha pequena pinza para extraer o tecido danado (fase de desbridamento). Este procedemento aínda presenta bastante controversia xa que só resulta útil para determinados pacientes.
- Osteotomía: Consiste en cortar ou tallar os fragmentos de óso da articulación desgastada co fin de que encaixen e mellorar así a movilidade articular, constitúe máis ben, unha ponte para retrasa-lo máis posible o reemplazo total da articulación (artroplastia).
- Artroplastia: Constitúe o reemplazo da articulación desgastada por unha prótese que a substitúe. Ten unha altísima porcentaxe de éxito (máis do 95%).
Información extraída do artigo do periódico EL MUNDO http://www.elmundo.es/elmundosalud/2006/03/21/dolor/1142959995.html
Ahora que xa temos claro que a artrose ten ttº cirúrxico, ¿poderíasnos explicar cales son os coidados de enfermería que requiren este tipo de pacientes trala intervención?
ResponderEliminarÁnimo co blog que che está quedando de fábula.
Un saúdo e respóndeme cando poidas.